sábado, 27 de febrero de 2010

Hospitalidade


Hospitalidade é a palabra que hoxe rebule na cabeza de Aura, a mesma sensación que quere reflectir no espazo de Harmonía.

DRAG-Hospitalidade: s.f. O feito de acoller a alguén amablemente e con afecto. Agradecín moito a hospitalidade daquela xente, que me recibiu na súa casa coma se fose da familia.

E como Galicia tamén é sinónimo de hospitalidade, déixovos un vídeo con fermosas imaxes da nosa terra.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Orquídea, orballo...


Continuamos pola senda do alfabeto e detémonos no “O”:

Orquídea, ollos, ollada, ocular, oído, ouvir, outono, outonar, outubro, obriga, orzamento, ollal, ovo, onza, outeiro, oliva, ola, onda, orla, obelisco, oco, odre, oblongo, oitavo, óboe, orquesta, orfo, obsoleto, obradoiro, óxido, obsequio, oferta, ocasión, observar, obter, ocio, oratoria, olimpíada, oriental, ombreiro, orella, ovella, óso, onte, onírico, opulencia, opinión, oportunidade, optimismo, orgullo, ornamento, oseira, ostra, ourizo, ourela, ovación, ortiga, orballo
Octavio, Obdulia, Odila, Olalla, Ofelia, Olivio, Oliva, Óscar, Orencio, Otilia, Ovidio, Orlando, Olimpia, Olegario…

domingo, 21 de febrero de 2010

A contraluz


Hai case una ano, un día que ía buscando imaxes para un post de primavera, reparei neste carballo ao que lle quedaban tres bugallos e quixen retratalos. Non me decatei de que a árbore tapaba a luz do sol e este foi o resultado: unha imaxe a contraluz.
Cantas veces camiñamos, corremos e ata viaxamos a contraluz, sen darnos conta! Só cando por fin nos detemos e revisamos os fotogramas das nosas andainas, observamos a dirección da luz e conseguimos situarnos no lugar correcto para continuar a senda.


viernes, 19 de febrero de 2010

Esta auga


Vendo i ouvindo o río
vaise o tempo sin sentilo.



Esta auga da presa
son eu ou é ela?

Uxío Novoneyra

miércoles, 17 de febrero de 2010

O camiño







O luns da semana pasada, como tiña unha mañá tranquila, fixen un oco para ver a última peli que me deixaron, El camino a casa. Había tempo que non vira un filme tan bonito, que tanto me cautivase. Os protagonistas expresan os seus sentimentos con gran intensidade e a través dunha entrañable historia fannos reflexionar sobre diversos temas. Escenas sumamente delicadas, e uns planos exteriores impresionantes. A naturalidade e a sencillez dos diálogos. As cores, a música, a maxia dos silencios e os sons... Os sons, fascináronme. Chamoume a atención que utiliza o branco e negro para as escenas do presente e recurre ás vivas cores para recordar o pasado desta tenra historia de amor, conseguindo uns efectos dunha extraordinaria beleza. A min pareceume preciosísima. Como a desfrutei!
Pensei que me gustaría poñela como enlace nun post deste blog nalgún momento. Como agradecemento a ti, que me ofreciches a oportunidade de descubrila; e para compartila contigo, se aínda non a viches. Só me faltaban unhas fotos axeitadas. Este luns, como fixo unha boa tarde de sol, puiden andar camiños que me aportaron as imaxes que buscaba. Non quixese causar tristeza, a miña intención é todo o contrario. Mellor que te animes a vela e xa me contarás. Aquí che deixo unha curta mostra como adianto.

lunes, 15 de febrero de 2010

As orellas


As orellas do entroido, non podían faltar.
Se gostas?


O entroido ao tizón, a Páscoa ao sol.

Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan.

Non todos os martes son días de entroido.

Todos os días non son martes de entroido.

E seguimos escoitando música de Verdi.
Esta vez, nunha versión moi animada.

Verdi - Traviata

sábado, 13 de febrero de 2010

Máscaras




A beleza das máscaras, minuciosamente traballadas e ricamente decoradas. A tristeza das miradas. O dramatismo, apórtao a música deVerdi. Todo forma parte do Carnaval.

viernes, 12 de febrero de 2010

Embalorecido



Elegía pura

Aquí no pasa nada,
salvo el tiempo:
irrepetible
música que resuena,
ya extinguida,
en un corazón hueco, abandonado,
que alguien toma un momento,
escucha
y tira.

Ángel González

domingo, 7 de febrero de 2010

Nabizas...

Hoxe escribimos con "N":

Nabiza, nabal, nabiña, natureza, nai, nacemento, neto, nenez, nana, niñeiro, nacenza, nova, novidade, número, nove, namorado, namoriscar, narración, novela, noite, noitiña, nostalxia, nora, nocturno, niño, nogueira, nespereira, néboa, neboeiro, nube, nuboeiro, nubrado, norte, nordés, novembro, nadal, neve, nevarada, navalla, nó, nugallán, netorría, necesidade, neglixencia, negociación, nimiedade, neutro, ningures, nácar, néctar, nasa, natación, navío, náufrago, negro, negrura, nenúfar, nobreza, nocello, nome, nomeamento, notable, non, notario, naipe, nutritivo, nirvana, nu…

Neves, Nora, Noela, Nazaré, Narciso, Natalia, Nicanor, Natividade, Nemesio, Nélida, Nicasio, Noa, Nicolás, Nuno, Nuria, Noemí…

martes, 2 de febrero de 2010